6/17/26

O RESCATE DO TESOURO_CLUB DE LECTURA AS SEMENTIÑAS

O RESCATE DO TESOURO

Coincidindo co remate do curso escolar, celebramos a actividade final do Club de Lectura As Sementiñas, inspirada no libro Plan de rescate. O alumnado participou nunha emocionante aventura na que tiña como misión atopar e rescatar un tesouro agochado.

Para conseguilo, tiveron que superar diferentes probas e desafíos relacionados coa trama, os personaxes e os acontecementos da historia. A través do traballo en equipo, da observación e da comprensión lectora, demostraron todo o que aprenderon durante a lectura do libro.

Foi unha xornada moi divertida!














6/04/26

DÍA DO LIBRO_CONTACONTOS

 Celebración do Día do Libro na Biblioteca

Con motivo do Día do Libro, e coa colaboración do Concello, gozamos dun contacontos moi especial no que o alumnado participou activamente, formando parte das historias e converténdose en protagonista da representación.

A través desta actividade púxose en valor a tradición oral e os contos de antaño, esas historias que os avós e avoas transmitían aos seus netos e netas, mantendo vivo un importante patrimonio cultural. Foi unha xornada chea de imaxinación, participación e aprendizaxe, na que os contos volveron unir xeracións arredor da palabra e da fantasía.




6/01/26

VISITA DUNHA BRIGADA FORESTAL

Unha brigada forestal achegouse para compartir connosco información moi importante sobre a prevención dos incendios forestais.

A través dun divertido conto dos Bolechas, aprendemos como podemos coidar os nosos montes e que medidas debemos tomar para evitar os incendios. Os nenos e nenas participaron con moito interese e descubriron que todos podemos contribuír á protección da natureza.

Ademais, os membros da brigada ensináronnos as ferramentas que empregan no seu traballo diario e explicáronnos para que serve cada unha delas. Foi moi interesante coñecer de preto os recursos cos que contan para previr e combater os incendios.

Para rematar a visita, tivemos a oportunidade de ver de preto un dos vehículos da brigada forestal, o que espertou a curiosidade e a ilusión de todos os participantes.

Queremos agradecer á brigada forestal a súa visita e o seu labor de concienciación, axudándonos a comprender a importancia de coidar e protexer o noso medio natural.







DO SER E DOS FACERES CHAIREGOS: OS TORNEIROS

O noso centro participou nunha exposición de traballos organizada pola Microrrede de Bibliotecas Escolares da Terra Chá, que leva por título DO SER E DOS FACERES CHAIREGOS. O noso centro aportou un panel informativo acerca dos/das torneiros/as, un oficio significativo na nosa vila. Así quedou o noso traballo que se pode visitar ata o 5 de xuño no museo do Castro de Viladonga.





5/11/26

NOVIDADES EN BIBLIOXERMADIÑO!


 

DÍA DA FAMILIA E DAS LETRAS GALEGAS!

Non hai mellor maneira de celebrar o Día da Familia e as Letras Galegas que facéndoo xuntos, entre contos, música e tradición.

Agardámosvos para compartir unha xornada moi especial na que varias familias virán contar contos aos nenos e nenas, enchendo o día de historias, imaxinación e agarimo. Ademais, gozaremos dunha merendola compartida entre todos nós, creando momentos para convivir, celebrar e fortalecer a nosa comunidade.

E como non podía ser doutro xeito, a celebración estará acompañada das nosas cancións populares galegas, para cantar, sentir e vivir a riqueza da nosa cultura.

Un día para gozar en familia, celebrar as nosas letras e manter vivas as tradicións galegas.


 

VISÍTANOS PAULA CARBALLEIRA!

   

A biblioteca viviu unha xornada verdadeiramente inesquecible coa visita de Paula Carballeira, unha das grandes referentes da narración oral e da escena cultural galega.

A súa contada foi, simplemente, extraordinaria. Paula conseguiu conquistar a pequenos e maiores cunha proposta chea de sensibilidade, humor, creatividade e talento, combinando teatro e narración oral dun xeito maxistral.

Os nenos e nenas participaron activamente, riron, soñaron, imaxinaron e deixáronse levar por historias que cobraron vida grazas á súa impresionante capacidade interpretativa. Cada palabra, cada xesto e cada emoción converteron a sesión nunha experiencia única.

Paula Carballeira non só contou historias: creou un espazo de encontro coa fantasía, coa literatura e coa emoción compartida, demostrando unha vez máis por que é unha figura imprescindible da cultura.

Dende a biblioteca queremos agradecer fondamente a súa visita e celebrar a enorme sorte de poder gozar dun espectáculo tan especial, que quedará sen dúbida na memoria de todos e todas as asistentes.

Grazas, Paula, por regalarnos unha experiencia tan marabillosa e por facer da palabra un lugar onde sempre paga a pena volver.


O RESCATE DO TESOURO_CLUB DE LECTURA AS SEMENTIÑAS

O RESCATE DO TESOURO Coincidindo co remate do curso escolar, celebramos a actividade final do Club de Lectura As Sementiñas , inspirada no l...