1/08/26

 APADRIÑAMENTOS LECTORES

Todos os venres, na hora de ler, no noso centro realizamos apadriñamentos lectores. Esta actividade consiste en que o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria comparte momentos de lectura co alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria.

Os nenos e nenas maiores len contos e historias aos máis pequenos, creando un ambiente tranquilo, acolledor e cheo de ilusión. Deste xeito, fomentamos o gusto pola lectura, a convivencia entre etapas e o respecto e a colaboración entre o alumnado.

Os apadriñamentos lectores convértense así nun momento especial da semana, no que aprender e gozar van da man.



  VISITA DUNHA AZAFATA No marco do proxecto de centro A volta ao mundo , recibimos a visita dunha azafata que compartiu co alumnado informac...