1/08/26

 VISITA DE CHELO, UNHA AZAFATA DE VERDADE

No marco do proxecto de centro A volta ao mundo, recibimos a visita dunha azafata que compartiu co alumnado información moi interesante sobre o seu traballo e as súas experiencias viaxando por distintos países. A través desta actividade, o alumnado puido coñecer de primeira man en que consiste esta profesión, os destinos que se poden visitar e a importancia da comunicación e da atención ás persoas.

Desde a biblioteca escolar, como espazo informacional e de aprendizaxe, complementouse esta visita coa consulta de libros e materiais que axudaron a ampliar coñecementos sobre o mundo e as distintas culturas.




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER_8M

 8 M_ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER O pasado 9 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Muller cunha actividade moi especial ...