3/18/26

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER_8M

 8 M_ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 9 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Muller cunha actividade moi especial na biblioteca escolar, un espazo de encontro, aprendizaxe e memoria compartida.

Contamos coa participación de tres xeracións de mulleres —avoa, nai e alumna do colexio— que nos ofreceron unha viaxe no tempo a través das súas experiencias vitais. A través das súas palabras, o alumnado puido coñecer como eran aspectos da vida cotiá noutras épocas: os xogos cos que se divertían, como era a escola en cada etapa, a vestimenta, as festas, as coleccións que realizaban, así como as tarefas domésticas e as responsabilidades que asumían no fogar.

Esta actividade non só nos permitiu reflexionar sobre a evolución do papel da muller na sociedade, senón que tamén se converteu nunha valiosa oportunidade para traballar a competencia informacional. O alumnado puido escoitar, interpretar e contrastar información de fontes orais directas, desenvolvendo habilidades como a atención, a análise crítica e a capacidade de formular preguntas. Ademais, puxemos en valor a importancia das fontes vivas como recurso de aprendizaxe, entendendo que a información pode chegar a nós de múltiples maneiras e que todas elas requiren ser comprendidas, valoradas e contextualizadas.

Dende a biblioteca escolar seguimos apostando por actividades que, ademais de fomentar a lectura e o coñecemento, contribúan ao desenvolvemento integral do noso alumnado, promovendo unha educación baseada na igualdade, o respecto e o pensamento crítico.

Moitas grazas Fina, Paula e Esmeralda!!











DÍA INTERNACIONAL DA MULLER_8M

 8 M_ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER O pasado 9 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Muller cunha actividade moi especial ...